Saltar ao contido

Liga Etolia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liga Etolia
 Instancia de
koinon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Datas
 Data de comezo
400 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
188 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
século IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
Thermos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02z6r8 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Liga Etolia foi unha federación de cidades da rexión de Etolia na Grecia antiga, formada a principios do século -IV. A Liga adquiriu importancia no século -III, cando se opuxo á Liga Aquea, e pronto dominou todo o centro de Grecia desde o mar Xónico ata o mar Exeo e controlou zonas do Peloponeso, Tesalia, Tracia e Asia Menor. No -220 a Liga entrou en conflito con Filipo V de Macedonia, quen os derrotou, cousa que obrigou á Liga a se aliar cos romanos, que tamén loitaban contra Filipo. Este foi vencido finalmente na batalla de Cinoscéfalos no -197, pero os etolios, ao non poderen recuperar as súas posesións que estaban en mans do seu vitorioso aliado, uníronse a Antíoco III de Siria para loitaren contra Roma. Cando aquel foi derrotado por Roma no -190, os etolios tamén se renderon ao ano seguinte. A Liga disolveuse formalmente no -167.