Liña de alta velocidade La Sagra-Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A liña de alta velocidade La Sagra-Toledo é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España de 21 km de lonxitude que comeza na liña de alta velocidade Madrid-Sevilla na bifurcación de La Sagra e chega á cidade de Toledo.

Ruta[editar | editar a fonte]

Os trens que actualmente percorren a liña utilizan os primeiros 54 km da liña de alta velocidade Madrid-Sevilla ata La Sagra. É un ramal exclusivo de 21 km de lonxitude.

Características[editar | editar a fonte]

A parte nova da liña foi deseñada para admitir velocidades máximas de 270 km/h, que é tamén a velocidade máxima admitida polo tronco común que comparte coa LAV Madrid-Sevilla/Málaga.[1] Como todas as liñas de alta velocidade españolas ten un ancho de vía de 1435 mm e está electrificada a 25 kV de corrente alterna.

Servizos[editar | editar a fonte]

Por esta liña circulan trens da serie 104, operando o servizo comercial Renfe Avant. Dende a apertura da nova LAV Madrid-Levante en decembro de 2010, introduciuse un servizo AVE realizando o recorrido Toledo-Madrid-Cuenca-Albacete, sendo operado por trens da nova Serie 112. Non obstante, o devandito servizo eliminouse en xullo de 2011, debido á escasa demanda que recibía.

Estación de Toledo[editar | editar a fonte]

A chegada dunha LAV a Toledo fixo evidente a necesidade de adaptar a estación ás novas necesidades. Todo iso fíxose rehabilitando o edificio histórico da estación de Toledo que foi proxectado polo arquitecto Narciso Clavería en estilo neomudéjar, e inaugurado en 1919.

Así mesmo os clientes disponenn entre outros servizos dun aparcadoiro ao aire libre, asfaltado e iluminado que se estende sobre unha superficie de 7.500 m cadrados e capacidade para 325 prazas.[2]

Obra destacada[editar | editar a fonte]

Un viaduto de 1602 m de lonxitude, que salva o río Texo e o arroio Valdecaba, é a obra máis destaca da liña.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]