Leonardo Martínez Novo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Pontedeume, España |
Morte | 10 de agosto de 1936 (24/25 anos) Pontedeume, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Leonardo Martínez Novo, coñecido como Leonardo do Barro, nado en Pontedeume cara a 1911 e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1936, foi un mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1930.[1] Fundador e rexedor do Colexio-Academia "Curros Enríquez" de Pontedeume. Foi mestre provisional en Camariñas e Moeche. Aprobou os cursos de selección de mestres en 1936,[2] e foi nomeado mestre en Pontedeume. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas o 10 de agosto de 1936 en Pontedeume.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouza Faraldo, Manuel (2016). "A escola eumesa no s. XX" (PDF). Cátedra, Revista eumesa de estudios (22): 7–88. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 7 de marzo de 2021.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Leonardo Martínez Novo na páxina web Nomes e Voces.