Leo (filme de 2023)
Leo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Leo |
Director |
|
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música |
|
Montaxe |
|
Estudio | |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 21 de novembro de 2023 |
Duración | 102 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Na rede | |
Leo é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Robert Marianetti, Robert Smigel e David Wachtenheim, escrito por Smigel, Adam Sandler e Paul Sado, e producido por Sandler e Mireille Soria. É o segundo filme de animación da compañía produtora de Sandler Happy Madison Productions, 21 anos despois de Eight Crazy Nights (2002). Está protagonizado por Sandler, Bill Burr, Cecily Strong e Jason Alexander. Conta a historia dun tuatara ansioso por escapar e preocupado pola morte que é levado a casa por diferentes estudantes por encargo dunha profesora substituta estrita, pero que se ve atrapado nos problemas de cada alumno e ofrece consellos a cada un deles.
Leo estreouse a través de Netflix o 21 de novembro de 2023, conseguindo valoracións xeralmente positivas da crítica, que eloxiou a animación, o humor, as interpretacións vocais e os números musicais.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Adam Sandler como Leo
- Bill Burr como Squirtle
- Cecily Strong como Ms. Malkin
- Jason Alexander como pai de Jayda
- Rob Schneider como o director de Fort Myers Elementary School
- Allison Strong como Mrs. Salinas
- Jo Koy como adestrador Komura
- Sadie Sandler como Jayda
- Sunny Sandler como Summer
- Coulter Ibanez como Zane
- Bryant Tardy e Corey J. como Cole
- Ethan Smigel como Anthony
- Tienya Safko como Skyler
- Gloria Manning como Logan
- Carson Minniear como Cole #2
- Roey Smigel como Eli e Benji
- Reese Lores como Mia
- Benjamin Bottani como Kabir
- Aldan Liam Phillipson como TJ
- Jackie Sandler como nai de Jayda
- Heidi Gardner como nai de Eli
- Robert Smigel como o drone e o poni
- Nick Swardson como Cinnabun
- Stephanie Hsu como nai de Skyler
- Nicholas Turturro como pai de Anthony
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Leo (PG)". British Board of Film Classification. 12 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023.