Lenda do Puzo do Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Puzo do Lago[1] é un pequeno lago pertencente a vila de Maside. Este conta cunha flora e fauna que fixeron que fose declarado espazo natural de interese local.

Imaxe do Puzo do Lago

Ao seu redor hai unha serie de camiños que permiten recorrelo e observar cada un dos recunchos que o forman. Ademais, ao seu carón atopase o club de golf da vila e unha pista de terra que se emprega para as carreiras de cabalos, na festa do cabalo do Puzo do Lago, que se celebra todos os anos en agosto. Dita pista conta cunha cancha de Horseball[2] que desgraciadamente hoxe en día está en desuso.

Con respecto ao Lago, está rodeado por unha gran vexetación principalmente piñeiros, carballos e castiñeiros, ademais de contar cunha fauna formada por ras, garzas, patos e outro tipo de animais.

Este lugar presenta unha peculiaridade, que o fai extraordinario, pois posúe unha lenda. Creada polo escritor galego Eladio Rodríguez González, esta lenda forma parte dunha cantiga creada por este poeta e pasou a converterse nunha historia que foi transmitida de forma oral, dende hai moitos anos. Explica a formación deste pequeno lago.

Lenda do Puzo do Lago[editar | editar a fonte]

Dise que hai moitos, moitos anos, no seu camiño a Belén a Virxe pasou por unha pequena aldea de Maside, chamada O Lago. Levaba dous días de camiño e descansando aos poucos sen un anaco de comida que levar a boca, cando chegou de madrugada a unha pequena aldea.

Con moito esforzo, a pobre muller petou na porta da primeira casa do pobo. Cando o dono saiu, a pobre da Virxe pediu a aquel home un pouco de pan ou algo que levar a boca, e un pouco de colleito, por caridade, pero este dixolle que no lle daba nada e que fora preguntar a outro veciño.

Foi de casa en casa preguntando, pero ninguén quixo axudala, nin sequera o párroco, co cal se cruzara na rúa de camiño a súa igrexa.

Saíndo do pobo topou un forno no que traballaban tres humildes mulleres, e decidi entrar e ver ser elas a axudaban. As panadeiras consternadas co que a pobre Virxe lle contara sobre o que sucedera no pobo decidiron prepararlle unha bóla para que puidera comer algo. Ao meter a primeira, esta medrou moitísimo como se fose un milagre de Deus. Entón as tres mulleres decidiron facer máis probas con outras bólas, e todas saían enormes. Ó final optaron por ser avaras e non darlle ningunha bola á pobre Virxe.

Cando esta deixaba o pobo xa sen forzas e véndose morrer, apareceu unha nena, a cal vendo a pobre velliña tan desvalida decidiu darlle un pouco da comida que tiña. A Virxe preguntoulle a neniña quen era e a nena contoulle que era orfa e que se adicaba a coidar o gando da xente do pobo para poder sobrevivir.

Ante a avaricia mostrada por o pobo, preguntoulle a nena o nome daquel lugar. A nena respondeulle que se chamamba O Lago. Enton a Virxe dixolle: "Atenta neniña: “Se eres Lago te asolajo con el de arriba para abajo”".

E como por arte de maxia aquel pobo comezou a inundarse ata quedar completamente inundado ata hoxe. Dise que nas noites de San Xoán, se un se acerca ao lago pode ouvir as campás da igrexa daquela parroquia [3].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

https://estudiosgenealogicos.wordpress.com/2010/02/16/a-lenda-do-puzo-do-lago-lago-maside/

https://misteriosleyendasdegaliciayasturias.wordpress.com/2018/05/05/leyenda-del-origen-del-lago-maside/

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/31/puzo-do-lago-declarado-espacio/958149.html

https://es.wikipedia.org/wiki/Horseball

https://www.google.com/maps/place/Puzo+do+Lago/@42.4058545,-8.0404181,17z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0xd2ff14b37493de7:0x35eb7b873176cb59!8m2!3d42.4058545!4d-8.0382294

[[categoría:Lendas]

  1. "Localización do Puzo do lago". 
  2. "Horseball". 
  3. "A Lenda do Puzo do Lago (Lago-Maside)". Estudios Históricos y Genealógicos (en castelán).