Leite callado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Típica presentación da callada fresca nun tarro de barro.

O leite callado ou leite preso é unha sobremesa láctea elaborada de dúas posíbeis maneiras.

Características[editar | editar a fonte]

A primeira, máis habitual nos usos gandeiros tradicionais galegos, consiste en deixar unha pota de leite a carón da cociña para que fermente cos seus propios microorganismos, baixo o efecto dunha temperatura morniña.

A segunda maneira consiste en obter o callado do leite polo efecto dun fermento (callo) extraído do estómago dun animal en período de lactación ou un tipo de cardo.

No País Vasco é coñecida como gatzatua ou mamia e na zona norte de Navarra como gaztanbera.

Trátase dun produto similar en contidos nutritivos ao leite

Se se lle escorre o soro ao leite preso obtense requeixo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]