Lei dos volumes de combinación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lei dos volumes de combinación é unha lei da química que foi enunciada por Gay-Lussac.

Segundo dita lei

cando se levan a cabo reaccións entre substancias gaseosas para obter substancias gaseosas obsérvase que os volumes medidos (a iguais condicións de presión e temperatura) de ditas substancias están nunha relación de números enteiros e sinxelos.

Por exemplo, un litro de cloro reacciona cun litro de hidróxeno para dar dous litros de cloruro de hidróxeno (relación 1:1:2). Un litro de nitróxeno reacciona con tres litros de hidróxeno para dar dous litros de amoníaco (relación 1:3:2).