Lei de Osthoff
Chámase lei de Osthoff a un proceso regular de evolución fonética que afecta ao grego antigo, que consiste nunha abreviación de vogais longas baixo certas condicións.
Chámase así na honra de Hermann Osthoff, un lingüista alemán do século XIX.
Mecanismos xerais
[editar | editar a fonte]Toda vogal longa do grego común abréviase ante unha soante ([r], [l], [m], [n], [j], [w]) que preceda a outra consoante, cousa que se podería concretar así: ĀRC > ĂRC (onde A representa calquera vogal).
Exemplos
[editar | editar a fonte]Son moitos, sobre todo porque aparecen a miúdo no curso da flexión. Pódese citar por exemplo a desinencia de dativo plural temática (2ª declinación), que é -οις -ois (λόγοις), que provén de *-ωις -ōis, pronunciado /o:js/ e abreviado en /ojs/. Atopamos a cantidade longa inicial en sánscrito: o dativo plural temático é en -āis, sabendo que ā é a evolución regular de ō. O sánscrito coñece porén tamén unha abreviación das vogais longas ante soante, descrita pola Lei de Brugmann.
Algunhas abreviacións están enmascaradas por procesos posteriores, que poden conducir a novos alongamentos.
Resumo
[editar | editar a fonte]- Extensión da lei: grego común (lei panhelénica);
- cronoloxía: antes da formación dos dialectos, antes da caída das oclusivas finais, despois da caída de [s] intervocálico ou en inicio de palabra, despois dalgunhas metáteses;
- efectos (notación abreviada): V [+ cantidade longa] > V [- cantidade longa] / _RC.