Latente
Aparencia
(Redirección desde «Latencia»)
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Latente (do latín latens, -ntis, "oculto", "invisíbel") designa a cualidade dunha propiedade oculta que pode manifestarse ulteriormente.
A esta cualidade chámaselle latencia. Así, en diversas circunstancias falamos de tempo de latencia ou de período de latencia para referírmonos á demora entre unha acción e o desencadeamento dunha reacción na súa resposta.
Latente
[editar | editar a fonte]- En botánica, latente, en xeral, quere dicir "escondido", "oculto".
- Vida latente é a vida en suspensión das sementes que aínda non xerminaron, a das esporas, ou a das plantas durante o seu período de repouso.
- Xema latente é unha xema frutífera que permanece no seu estadio rudimentario, que non se desenvolve.
- En física denomínase calor latente á calor de cambio de estado, é dicr, a enerxía requirida por unha substancia para cambiar de fase, de sólido a líquido (calor latente de fusión) ou de líquido a gasoso (calor latente de vaporización), debido a que non se traduce nun cambio da temperatura.
- En fotografía, unha imaxe latente é unha imaxe fotográfica, invisíbel ou inestábel, rexistrada sobre unha emulsión sensible por exposición á luz, e que se fai visíbel e estábel por revelado e fixación.
- En medicina unha enfermidade latente é unha doenza que non chegou aínda a aguda, e que se desenvolve sen síntomas. O tempo de latencia denomínase período de incubación ou período de latencia.
- En psicoanálise denomínanse latentes a certos elementos do subconsciente que se manifestan posteriormente. Véxase máis abaixo período de latencia sexual.
- En xenética denomínase carácter latente, nos híbridos, ao carácter que non se manifesta, a non ser en determinadas condicións xenéticas.
Latencia
[editar | editar a fonte]- En armamento, a latencia designa a cadencia de tiro, é dicir, o tempo entre dous tiros consecutivos.
- En bioloxía, a latencia, ou período de latencia, designa o intervalo de tempo entre un estímulo e a resposta, fisiolóxica ou de comportamento, dun organismo, dun tecido ou dunha célula, dormencia.
- En informática, e máis especificamente en equipos e redes de ordenadores, a latencia (tamén chamada lag) refírese á demora entre o momento en que a información se envía e o que se recibe. De maneira máis xeral, a latencia pode referirse ao intervalo entre o final dun evento e o inicio da reacción a este, por exemplo:
- o tempo entre unha solicitude a un medio de memoria e o comezo da transferencia da información solicitada. As latencias máis importantes son causadas por movementos mecánicos, por exemplo nun disco duro polo posicionamento da cabeza de lectura e a rotación do disco;
- o tempo entre unha solicitude dun cliente e a resposta do servidor;
- o tempo de entrada analóxica dunha tarxeta de son, é dicir, o tempo requirido para a conversión do sinal analóxico nun sinal dixital;
- o tempo de resposta dunha pantalla de cristal líquido, é dicir, o tempo que tarda a luz emitida por un píxel para responder correctamente a un cambio de valor eléctrico.
- En psicoanálise denomínase período de latencia sexual (ou fase de latencia sexual) o momento da suspensión do desenvolvemento psicosexual que se produce entre a crise edipiana e a puberdade.
- En psicoloxía denomínase tempo de latencia ao tempo transcorrido entre om comezo da presentación dun estímulo e o comezo da resposta correspondente.
- En xenética dise que existe latencia cando certos factores non fenotipicamente aparentes dan un fenotipo característico cando se encontran en combinación adecuada con outros factores. Os fenómenos de atavismo entran nesta categoría.