Las Chinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Las Chinas
OrixeMadrid, España
Período1979 1982
Xénero(s)Rock, Pop
Selo(s) discográfico(s)RCA
MembrosMaría José Serrano, Jose, Montse, Luna e Miluca
Na rede
Discogs: 1018890 Editar o valor em Wikidata

Las Chinas foi un grupo de pop español dos anos 80, formado integramente por mulleres. O grupo formouse en Madrid en 1979. Integrábano María José Serrano, "Jose" (voz), "Montse" (baixo), "Luna" (guitarra) e "Miluca" (teclados). Máis tarde sumouse a elas "Speedy" (batería). A súa referencia eran as británicas Mo-dettes, grupo da nova onda formado tamén só por mozas. En 1980 realizaron varios concertos en directo en varios lugares de España, e asinaron un contrato coa multinacional RCA.

O seu primeiro sinxelo, cos temas "El hombre salvaje" e "Amor en frío", editouse a principios de 1981. Durante ese ano, realizaron varias actuacións e interviñeron en varios programas de televisión, e ata nunha longametraxe, La última estación, no cal interpretaron unha versión do tema de Ejecutivos Agresivos "Te espío". A versión editouse logo na cara B dun sinxelo da banda sonora orixinal da película.

O grupo terminou por disolverse sen chegar a gravar nin un só álbum, aínda que deixaron algúns temas inéditos, como "23 de enero" e "Chicos de la calle" que logo foron publicados polo selo DRO nun álbum dobre dedicado a varios grupos e titulado El pecado original. A cantante do grupo iniciou en 1983 a súa carreira en solitario, co nome de Kikí d'Akí.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • "El hombre salvaje" / "Amor en frío" (sinxelo, 1980)
  • "Te espío" (cara B do single B.S.O. La última estación, 1982)
  • Dous temas ("23 de enero" e "Chicos de la calle") en El pecado original, recompilatorio de maquetas de varios grupos (1987)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ordovás, Jesús: Historia de la música pop española. Alianza, 1987. ISBN 84-206-0224-8.
  • Varios Autores: Guía Esencial de la Nueva Ola Española. Rock Indiana.