Lako Bodra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLako Bodra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1919 Editar o valor em Wikidata
India Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 1986 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Datos persoais
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioAdi Guru Editar o valor em Wikidata
LinguaLíngua ho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lako Bodra, nado en Paseya o 19 de setembro de 1919 e finado o 29 de xuño de 1986, foi un xamán e escritor do estado de Jharkhand (India), creador do alfasilabario varang kshiti para escribir a lingua ho.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bodra realizou a súa educación primaria na escola de Bachom Hatu e logo continuou na escola de Purueya ata completar o oitavo grao. Despois foi vivir cos tíos maternos en Chakradharpur e alí completou o noveno grao. Na Universidade de Jalandhar graduouse en homeopatía.

Despois de completar a súa educación volveu á casa, logrou un traballo nos ferrocarís indios, establecéndose en Danguwapasi. Por volta de 1950 inventou o alfasilabario varang kshiti como alternativa ao alfabeto latino usado polos misioneiros cristiáns para escribir a lingua ho. Non obstante Bodra afirmou que el rediscubriu unha escrita que inventara un xamán ho no século XIII[1] e en 1954 fundou a organización Adi Samaj para difundir a escrita entre o pobo ho pero tamén cun compoñente de reforma social, de oposición ás castas, e de mantemento da relixión e tradicións ho. Escribiu varios libros nesa escrita, moitos con carácter esotérico e de reimpretación da historia ho como mantedores das tradicións védicas: Ela Al Etu Uta, Sala Sule Sagen, Ba Buru Bonga Buru, Pompo (sobre o seu alfasilabario), Raghu Vansha, Hitahasa, Ho Bakana (gramática ho), Aida Hola Sevasala, Pitika e Kol Rule. A súa obra máis ambiciosa Sahar Hora, en 8 volumes, trata sobre as crenzas relixiosas, a visión do mundo e os festivais do pobo ho. Bodra non escribía na variedade estándar do ho, facíao en ho hayam, a variedade empregada como lingua secreta polos xamáns ho e que desaxaba elevar ao status de lingua literaria ho, sen éxito.[2] Tamén escribiu un dicionario trilingüe ho, inglés, hindi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Georg Pfeffer e Deepak Kumar Behera (1997) Contemporary Society: Identity, intervention, and ideology in tribal India and beyond. Concept Publishing Company, p. 32
  2. Franz J. Hausmann, Oskar Reichmann, Herbert E. Wiegland e Ladislav Zgusta (1991) Worterbucher - Dictionaries - Dictionnaires: Ein Internationales Handbuch Zur Lexikographie - An International Encyclopedia of Lexicography - Encyclopedie Internationale de Lexicographie. Walter de Gruyter, páx. 2537