Lailoken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Lailoken foi un profeta tolo da antiga Britania posromana de finais do século VI. A Vida de San Kentigern[1] fala dun home tolo, que chamaban Laleocen que viviu na aldea de Peartnach (Partick) ou preto dela no reino de Strathclyde. Laleocen profetizou a morte do rei Rhydderch Hael.

A causa da súa descrición como un home salvaxe e vidente que estaba a vivir nos bosques do sur de Escocia identifícano en ocasións con Myrddin Wyllt, o prototipo do mago Merlín da lenda artúrica.[2]. Myrddyn está asociado particularmente coa Batalla de Arfderydd en Cumberland (agora Cumbria) e a área xusto ao norte, na raia na moderna Escocia. Myrddyn loitaba no bando dos vencidos e tras a batalla toleou.

No texto galés Cyfoesi Myrddin a Gwenddydd ei Chwaer (A conversa de Merlín e Gwendydd, a súa irmá), Gwendydd refírese a Merlín como Llallawg e o seu diminutivo Llallogan.

Jarman tamén asocia a Llallogan ~ Laloiken con Merlin [3]

A historia do século XV Lailoken and Kentigern afirma que "algúns din que o seu nome era Merlynum".

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Jocelyn of Furness (1989) The Life of St Kentigern Lampeter: Llannerch Enterprises
  2. Bromwich, R. (1978) (2nd edn.) 'Trioedd Ynys Prydein: The Welsh Triads'. Cardiff: University of Wales Press
  3. Jarman, A.O.H. (1967) 'Ymddiddan Myrddin a Thaliesin'. Caerdydd: Gwasg Prifysgol Cymru