Lago Leathan
Aparencia
| Lago Leathan | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |

O lago Leathan (ou loch Leathan, en gaélico escocés "largo") é unha pequena extensión de auga doce situada no leste da península de Trotternish, ao norte da illa de Skye, en Escocia. Canda o máis pequeno lago Fada forma o conxunto de lagos de Storr, situados ao pé do monte Storr, unha das atraccións turísticas da illa.
O lago ten unha extensión aproximada de 1200 m de longo e 800 m de largo. Nel practícase a pesca deportiva grazas á introdución de especies. Ademais do aproveitamento turístico, unha minicentral hidroeléctrica situada na súa parte oriental aproveita a enerxía que produce un salto artificial sobre os cantís da costa. Construíuse en 1952 para alimentar de enerxía esta zona da illa.