La Voz de Celanova
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
La Voz de Celanova foi un semanario editado en Celanova entre 1909 e 1911.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu en decembro de 1909. De ideoloxía católica, foron os seus directores Emilio Míguez e Manuel Casais Estévez. O administrador era Luis Meleire. Entre os seus colaboradores figurou Eduardo Merino. Cesou a súa publicación en agosto de 1911.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Valcárcel López, Marcos (1987). Deputación Provincial, ed. A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense. p. 153. ISBN 84-505-5721-6.
- "Voz de Celanova, La" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.