La Sidra
La Sidra é unha publicación mensual editada pola asociación cultural Ensame Sidreru dende setembro de 2003. É a primeira revista temática sobre a sidra de Asturias.
Características[editar | editar a fonte]
Os seus contidos están en lingua asturiana e lingua castelá, e recolle noticias de actualidade do mundo da sidra en todo o mundo, con artigos de opinión, investigación, etnoloxía, divulgación ou receitas. Ten unha tiraxe de entre 3000 e 5000 exemplares.