La Roca Maldita
A Roca Maldita | |
---|---|
Título orixinal | La Roca Maldita |
Autor/a | Rubén Serrano |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Literatura infantil |
Editorial | Punto Omega |
Data de pub. | 2008 |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Roca Maldita [1] é unha obra de literatura infantil do escritor madrileño Rubén Serrano, ilustrada polo debuxante Rubén Francia.
Argumento[editar | editar a fonte]
Alba é a segunda de catro irmáns, fillos dun pescador dunha pequena vila costeira. Un día, o pescador regálalle a Alba unha preciosa cuncha mariña que quedara enganchada nas súas redes. Nela resulta habitar o espírito dun mariño que amaba tanto o mar que a súa alma se quedou alí no canto de ascender ao Mundo dos Espíritos. Pouco despois, sobrevén a traxedia: o pai de Alba vese atrapado nunha tormenta e a súa barca termina estrelándose contra unha gran roca no medio do mar á que se coñece como "A Ladroa", debido a que rouba as almas dos mortos.
O pai de Alba acaba afogándose e a súa familia chora a súa morte durante días. Con todo, a rapariga non se resigna a quedar sen o seu pai, polo que, coa axuda de Nicolás, o espírito do mariño encerrado na caracola, aventúrase a ir até A Ladroa para descubrir o seu segredo e conseguir así que llo devolva.
Non sen dificultade, a moza logra desembarcar na Ladroa, onde atopa unha entrada que a leva até as profundidades. Alí dará cun escuro personaxe, que Alba deberá descubrir quen é e que resulta ser a mismísima Morte. Ao final, a Morte propón á rapariga que lle entregue outra alma a cambio da do seu pai. Alba está disposta a sacrificarse, pero Nicolás ofrécese a tomar o seu lugar para que ela poida reunirse co seu pai. Deste xeito, a Morte devolve ao pai de Alba á vida e ambos abandonan a roca maldita para regresar coa súa familia.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
O illote da Ladroa, eixo central da historia, existe realmente. Está situado na costa de Santa María do Mar (Castrillón), no Principado de Asturias. é unha gran pena que conta cunha galería subterránea e unha cova abovedada de grandes dimensións.
Ao parecer, o nome de Ladroa vénlle a pena, segundo unha lenda local, polo gran número de afogados que aparecían nas súas proximidades, ben porque tentaban o acceso á pena ou porque nos seus recunchos quedaban varados os cadáveres.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Roca Maldita de Rubén Serrano. Ed. Punto Omega, 2008. ISBN 978-84-612-7843-5.