La Pequeña Patria
Aparencia
La Pequeña Patria | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Pequeña Patria foi unha revista publicada en Santiago de Compostela entre 1890 e 1891.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista decenal de literatura, ciencia y artes, foi a continuadora de Galicia Humorística, pero cun ton máis rexionalista. O primeiro número apareceu o 10 de novembro de 1890. Saía cada dez días. Estaba dirixida por Enrique Labarta Pose e José Tarrío. Entre os seus colaboradores estaban Antonio de la Iglesia, Manuel Murguía, Xoán Neira Cancela e Benigno López Sanmartín. Ademais de artigos rexionalistas, publicou biografías de galegos distinguidos, poemas e relatos. Cesou a súa publicación o 28 de novembro de 1891.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Pequeña Patria, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Pequeña Patria, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.