Subtitulada Revista de modas y literatura, apareceu en marzo de 1896.[1] Estaba dirixida por Luís Bouza Trillo baixo o pseudónimo de Magdalena de Monteblanco. Orientada ao público feminino, incluía información sobre música, moda e debuxo. Tamén publicou algunhas composicións poéticas. Insería debuxos e patróns de moda realizados por Enrique Aguilera.