La Draga (1886)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Draga
editar datos en Wikidata ]

La Draga foi un periódico editado no Concello de Oza en 1886.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Periódico semanal, apareceu en outubro de 1886.[1] Propiedade de Manuel López Trillo. O seu segundo número foi denunciado.[2] Tamén foi secuestrado o terceiro número. En novembro Manuel López Trillo solicitou permiso para publicar un periódico co título La Draga Provincial.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Galicia, 15-10-1886, p. 3.
  2. El Regional, 26-10-1886, p. 2.
  3. El Eco de Galicia, 8-11-1886, p. 3.