La Democracia (Caldas de Reis)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Democracia.
| La Democracia | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
La Democracia foi un periódico editado en Caldas de Reis entre 1904 e 1911.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu o 17 de decembro de 1904. Sucesor de El Demócrata. Foi unha publicación de tendencia republicano-lerrouxista promovida por Adolfo Mosquera e dirixida por Ramón Paz Villar. Foi denunciado por inxurias e calumnias a un sacerdote pola publicación do artigo "Contrastes. Un cura de ayer y un cura de hoy", e o seu director procesado e xulgado na Audiencia Provincial en novembro de 1906.[1] En 1909 cambiou o seu subtítulo por Semanario liberal demócrata. Aínda se publicaba en abril de 1911.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dobarro Paz, Xosé M; Fandiño Veiga, Xosé Ramón (2005). "Democracia, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.