La Chicana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Chicana é un grupo musical consagrado ao xénero do tango que se formou en Bos Aires en 1995. Os seus membros son Dolores Solá, Acho Estol e Juan Valverde. A banda alterna a recuperación de ritmos e letras dos comezos do xénero con música actual coma o rock. En 2006 o grupo recibiu o premio Carlos Gardel na categoría Tango Nuevas Formas, en recoñecemento ao seu cuarto álbum, Lejos. Está considerado un dos grupos destacados da Nueva Guardia do tango[1].

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Ayer hoy era mañana (1997)
  • Un giro extraño (2000)
  • Tango agazapado (2004).
  • Lejos (2006)
  • Revolución o picnic (2011).
  • Antihéroes y tumbas (2015)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Chicana, revolución o picnic Arquivado 19 de outubro de 2016 en Wayback Machine., na Revista Rolling Stone o 11 de agosto de 2011, por Martín E. Graziano. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]