Saltar ao contido

Kátia Aveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKátia Aveiro
Biografía
Nacemento(pt) Liliana Cátia dos Santos Aveiro Editar o valor en Wikidata
5 de outubro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Funchal, Portugal Editar o valor en Wikidata
Outros nomesRonalda
Kátia Aveiro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé Dinis Pereira Aveiro Editar o valor en Wikidata
PaisJosé Dinis Aveiro Editar o valor en Wikidata  e Maria Dolores dos Santos Aveiro Editar o valor en Wikidata
IrmánsCristiano Ronaldo
Elma dos Santos Aveiro
Hugo dos Santos Aveiro Editar o valor en Wikidata

Páxina webronaldanews.pt.vu Editar o valor en Wikidata
Facebook: officialKatiaAveiro Twitter: KatiaAveiro Instagram: katiaaveirooficial Musicbrainz: 2ea43aa7-ff2f-4676-9536-c55d48165a08 Editar o valor en Wikidata

Kátia Liliana dos Santos Aveiro, máis coñecida como Kátia Aveiro ou Ronalda é unha cantante portuguesa.

Comezou a súa carreira no ano 2005, co alcume de Ronalda pero no 2013 saca o primeiro sinxelo co seu nome, Katia Aveiro, Boom sem parar.

2005-13: Ronalda

[editar | editar a fonte]

No 2005 comeza a súa carreira musical baixo o alcume de «Ronalda», facendo referencia ao seu irmán, o futbolista Cristiano Ronaldo. A maioría das cancións que compón Kátia son baladas, xa que falan do amor e teñen un ritmo lento.

O seu primeiro disco, chamado Pronta pra te amar, foi editado en 2005 e constaba de once cancións totalmente en portugués, o primeiro sinxelo levaba por título o mesmo que o CD: Pronta pra te amar.

Ao ano seguinte, Kátia, despois do seu éxito obtido, lanzou Esperança (2006). Foi tal o éxito deste cd en Portugal que Kátia fixo a súa primeira xira, Esperança Tour, por todo o país. A canción que máis repercusión tivo foi «Obrigada man», unha canción dedicada ao seu irmán Cristiano Ronaldo.

Kátia publicou o seu terceiro disco de estudo, chamado De corpo e alma, un disco bastante decisivo na súa carreira, xa que despois deste cd, estaría sen volver cinco anos aos escenarios. O disco contén a canción de apoio á selección de fútbol portuguesa no Mundial de Fútbol de 2006, e unha canción ao seu pai falecido, Dinis Aveiro, chamada Hope to see you.

Dende 2013: Kátia Aveiro

[editar | editar a fonte]

Despois de cinco anos, Kátia deixou de ser Ronalda para volver aos escenarios. Foi producida por Redone, o produtor de Just dance (de Lady Gaga) e Live it up (de Jennifer Lopez), entre outros. A canción principal chámase Boom sem parar, e saíu ao mercado en 2013, unha canción que en menos de quince días contaba cun millón de visitas en Youtube.

Kátia obtivo tanto éxito, que é o seu primeiro traballo internacional, tendo presentacións en Portugal, Galiza, España, Francia e o Brasil. O 28 de febreiro de 2014 anunciouse que participará na nova edición do reality espectáculo, Superviventes 2014 na cadea española Telecinco.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  1. "Supervivientes 2014 ficha á irmá de Cristiano Ronaldo, Kátia Aveiro". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  2. "Kátia canta no plató do Sálvame". Arquivado dende o orixinal o 13-03-2014. Consultado o 12-03-2014. 
  3. "Kátia Aveiro, Tamara e Maria del Monte no Luar". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  4. Kátia Aveiro presenta o seu novo álbum en Só Visto!
  5. "Kátia Aveiro saca CD en Você na TV!". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  6. Kátia Aveiro canta Paula Fernandes en A túa Cara Não Me é Estranha
  7. Kátia nos Globos de Ouro[Ligazón morta]