Kirikou et les bêtes sauvages
Aparencia
Kirikú e as bestas salvaxes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Kirikou et les bêtes sauvages |
Director | Michel Ocelot, Bénédicte Galup |
Produtor | Didier Brunner |
Guión | Philippe Andrieux, Bénédicte Galup, Marie Locatelli, Michel Ocelot |
Música | Manu Dibango, Rokia Traoré e Youssou N'Dour |
Estrea | 2005 (Francia e Bélxica); estrea mundial: 13 de maio de 2005 no Festival de Cannes |
Duración | 75 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | animación |
Orzamento | 4,81 millóns de euros |
Filme anterior | Kirikú e a bruxa (Kirikou et la Sorcière) |
Na rede | |
Kirikou et les bêtes sauvages (Kirikou e as bestas salvaxes) é unha película de animación francesa realizada por Michel Ocelot e Bénédicte Galup, que saíu no ano 2005.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Esta segunda obra presenta de novo o enxeñoso personaxe Kirikou, que debe outra vez combater a bruxa Karabá.
A película, narrada polo avó de Kirikou, conta unha serie de aventuras do protagonista, un neno de África que ten que loitar contra unha hiena, escapar dos fetiches da bruxa Karabá, recuperar as ganancias perdidas polo desastre causado por un búfalo, e mesmo converterse en fetiche para salvar as mulleres do seu pobo.
Ficha técnica
[editar | editar a fonte]- Dirección: Michel Ocelot, Bénédicte Galup.
- Guión: Philippe Andrieux, Bénédicte Galup, Marie Locatelli, Michel Ocelot.
- Produción: Didier Brunner.
- Director de animación: Olivier Reynal.
- Música: Manu Dibango, Rokia Traoré e Youssou N'Dour.
- País de orixe : Francia.
- Formato: Cor - 1,85:1 - Dolby Dixital - 35 mm.
- Xénero: Animación.
- Duración : 75 minutos.