Kendal Ozzel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Almirante Ozzel é un personaxe de ficción do universo de A guerra das galaxias. Era o oficial ao mando do Superdestructor Estelar Executor. Este oficial, aínda que competente e capaz, sufría un defecto moi común entre os mandos Imperiais: subestimar ás forzas rebeldes. Comandaba, ademais, o Escuadrón da Morte composto polo anteriormente mencionado Executor e varias naves máis.

Ozzel foi executado por Darth Vader no transcurso da batalla de Hoth. O seu erro foi saír do hiperespacio demasiado cedo, permitindo aos rebeldes detectalos e activar o seu escudo deflector planetario. Desta forma os rebeldes imposibilitaron un bombardeo orbital por parte da frota Imperial ao planeta e obrigaron ás forzas Imperiais a unha invasión terrestre ao mando do xeneral Maximilian Veers. O Almirante Ozzel foi relevado polo ata entón Capitán Piett, segundo ao mando no Executor.