Kalvakuntla Kavitha
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1978 ![]() Medak, India (pt) ![]() ![]() |
Member of the 16th Lok Sabha (en) ![]() | |
Lexislatura: 16th Lok Sabha (en) ![]() Circunscrición electoral: Nizamabad Lok Sabha constituency (en) ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Hinduísmo ![]() |
Educación | Stanley Girls High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Bharat Rashtra Samithi (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | K. Chandrashekar Rao ![]() |
Irmáns | K. T. Rama Rao ![]() |
Kalvakuntla Kavitha, nada en Karimnagar o 13 de marzo de 1978 é uha política india, membro do partido Telangana Rashtra Samithi (TRS)[1], foi a primeira muller parlamentaria polo estado de Telangana no Lok Sabha.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do político Kalvakuntla Chandrashekhar Rao, o fundador do TRS, a organización que liderou o movemento para a formación do estado de Telangana que se realizou en 2014 e o seu primeiro ministro en xefe. Kavitha graduouse en ciencia e tecnoloxía no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía VNR Vignana Jyothi e en ciencias da computacón na Universidade do Sur de Mississippi. Tras rematar os estudos traballou como enxeñeira de software nos Estados Unidos ata que en 2003 volveu á India. En 2008 fundou[2] a organización Telangana Jagruthi, unha ONG que traballa entre as mulleres e a mocidade. En especial, Kavitha axudou á expansión da celebración Bathukamma, un festival floral propio de Telangana, fóra da India[3].
Tras a formación do estado de Telangana en 2014, Kavitha participou para as eleccións ao Lok Sabha na circunscrición de Nizamabad e logrou o escano con ampla vantaxe[4]. Ademais dende 2015 é a primeira comisionada xefa da Asociación Bharat de Scouts e Guías de Telangana[5]. Nas eleccións de maio de 2019 perdeu[6] o escano fronte ao candidato do BJP Dharmapuri Arvind pero volveu á política activa tras lograr, nunhas eleccións parciais, un escano para o Consello Lexislativo de Telangana, a cámara alta estatal, polo distrito de autoridades locais de Nizamabad[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kalvakuntla, Smt. Kavitha". Lok Sabha.
- ↑ "Founder". Telangana Jagruthi. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Kavitha takes Bathukamma to London, celebrates with NRTs". New Indian Express, 2 de outubro de 2016
- ↑ "Lok Sabha Constituency Nizamabad". News18.
- ↑ "Bharat Scouts and Guides in private institutions soon". The Hindu, 2 de setembro de 2015
- ↑ "The big reason behind KCR'S daughter Kavitha's defeat in Nizamabad". The New Indian Express. 25 de maio de 2019.
- ↑ "Kavitha Kalvakuntla wins Nizamabad MLC election securing 728 votes". India Today. 12 de outubro de 2020.