Ka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na relixión exipcia, o ka (k3) é o elemento incorpóreo da personalidade individual, unha especie de representación da enerxía vital conservadora e xeradora, posiblemente ligado en orixe á fertilidade sexual.

O ka constituía como un "dobre" da persoa viva, que a abandonaba no momento da morte. Podía entrar nela despois da morte cando a súa supervivencia estaba asegurada ao recibir as ofrendas funerarias. Pensaban que o ka creábao Chnum nunha roda de oleiro ou que pasaba de pais a fillos a través do seme. Crían tamén que o ka se sustentaba con comida e bebida, e por iso facíanlles ofrendas aos mortos. Desta comida, os mortos tomaban non o seu aspecto físico, senón o seu kau.

O ka representábase habitualmente como unha segunda imaxe do invididuo, o que motivou que os primeiros exiptólogos traducisen ka por "dobre".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]