Juvénal Habyarimana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1937 Guisseni (província) (Ruanda-Urundi) |
Morte | 6 de abril de 1994 (57 anos) Kigali (Ruanda) |
Causa da morte | magnicidio, Míssil superfície-ar (pt) |
Lugar de sepultura | Gbadolite (pt) (1994–1997) |
2º Presidente de Ruanda | |
5 de xullo de 1973 – 6 de abril de 1994 ← Grégoire Kayibanda (pt) – Théodore Sindikubwabo (pt) → | |
Minister of Defence of Rwanda (en) | |
1965 – 1991 ← Calliope Mulindahabi (en) – Augustin Ndindiliyimana (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Lovanium |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de actividade | 1963 - 1994 |
Partido político | Movimento Republicano Nacional por Democracia e Desenvolvimento (pt) |
Carreira militar | |
Rama militar | Forças Ruandesas de Defesa (pt) |
Rango militar | major-general (pt) |
Conflito | Guerra Civil de Ruanda (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Agathe Habyarimana (1962–) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:2) |
Juvénal Habyarimana, nado o 8 de marzo de 1937 e finado o 6 de abril de 1994, foi o terceiro Presidente da República de Ruanda dende 1973 ata 1994. Tiña por alcume "Kinani", unha verba ruanda que significa "invencible".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Habyarimana foi un líder ditatorial, sospeitoso de fraude electoral polas súas reeleccións sen oposición: 98,99% dos votos o 24 de decembro de 1978, 99,97% dos votos o 19 de decembro de 1983, e 99,98% dos votos o 19 de decembro de 1988.[1] Durante o seu mandato, Ruanda tivo un réxime totalitario no que as forzas do partido MRND instaban á xente a cantar e bailar para louvar ó Presidente en desfiles de masas de "animación" política.[1] Se ben o país no seu conxunto foi un pouco menos pobre durante o mandato de Habyarimana, a meirande parte dos ruandeses vivían en circunstancias de extrema pobreza.[1]
O 6 de abril de 1994 foi asasinado cando o seu avión, que tamén levaba ó Presidente de Burundi, Cyprien Ntaryamira, foi derribado preto do Aeroporto Internacional de Kigali. O seu asasinato foi a faísca que prendeu a violencia étnica e motivou o Xenocidio de Ruanda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Philip Gourevitch (1998). We Wish to Inform You That Tomorrow We Will Be Killed With Our Families.