Junkers F.13

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Junkers F 13»)
Junkers F.13
F.13 no Deutschen Museum
Deseñado porOtto Reuter
Primeiro voo25 de xuño de 1919
Introducido1920
Principais usuariosTajik Air
Produción1919 - 1932
Unidades construídas322

O Junkers F.13 foi o primeiro avión de transporte do mundo construído totalmente en metal, e foi fabricado en Alemaña dende finais da primeira guerra mundial. Era un avanzado monoplano que podía acomodar a catro pasaxeiros. Vendéronse ao redor das 300 unidades, estivo en produción 13 anos e en servizo case 20.