Saltar ao contido

Julio Pérez Orozco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio Pérez Orozco
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xullo de 1941 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Monforte de Lemos
1937 – 1938
 Alfredo Hermida LosadaJosé Díaz López  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLuis Pérez Guitián Editar o valor en Wikidata

Julio Pérez Orozco, nado en Monforte de Lemos e finado en Buenos Aires o 3 de xullo de 1941, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis Pérez Guitián. Na República foi presidente do casino de Monforte,[1] e concelleiro polo Partido Agrario Español. Foi detido en abril de 1936 por facer parte na trama golpista en Monforte.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Monforte de Lemos e primeiro tenente-alcalde en novembro.[3] Despois do pasamento do alcalde Alfredo Hermida Losada, foi nomeado alcalde-presidente da comisión xestora de Monforte de Lemos en abril de 1937. Foi cesado no cargo por irregularidades en xuño de 1938. Marchou á Arxentina e finou en Buenos Aires ao pouco de chegar, o 3 de xullo de 1941.[4]

Predecesor:
Alfredo Hermida Losada
 
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1937 - 1938
Sucesor:
José Díaz López
  1. El Pueblo Gallego, 15-3-1935, p. 13.
  2. 'Veña encargarse do seu fillo que llo deixamos aí morto'
  3. El Pueblo Gallego, 17-11-1936, p. 11.
  4. El Progreso, 1-8-1941, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]