Saltar ao contido

Julio César García-Luengo Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio César García-Luengo Montero
Biografía
Nacemento1939 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Alcalde de Crecente
19 de abril de 1979 – 2007 – Julio César García-Luengo Pérez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Julio César García-Luengo Montero, nado en 1939[1], é un político galego do PPdeG, que foi alcalde de Crecente dende o 1979 ata xaneiro do 2007. É pai de Julio César García-Luengo Pérez, que foi alcalde despois ca el.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía de Crecente encabezando a candidatura da UCD e foi elixido alcalde[2]. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da CIGA e foi elixido alcalde con maioría absoluta. A partir das municipais de 1987 presentouse por AP e logo polo PPdeG continuando como alcalde sempre con maioría absoluta. En 2007 deixoulle a alcaldía ao seu fillo Julio César García-Luengo Pérez, aínda que foi elixido concelleiro na súa lista. En outubro de 2010 o seu fillo destituíuno como tenente de alcalde e membro da xunta de Goberno local, logo de anunciar que pretendía dimitir para encabezar unha lista independente en Arbo nas eleccións locais de 2011. Aínda que amagou con presentarse como candidato en Crecente polo CDS, finalmente desistiu.[3]

  1. Segundo esta páxina.
  2. Concello de Crecente (19 de abril de 1979). "Acta de sesión constitutiva". Deputación de Pontevedra. Consultado o 2023-11-11. 
  3. "Crecente se queda sin papá". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Valentín Linares Valeije
 
Alcalde de Crecente
 
1979 - 2007
Sucesor:
Julio César García-Luengo Pérez