Julio Muñoz Aguilar
Biografía | |
---|---|
Morte | 21 de xullo de 1983 Hornachuelos, España |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Empregador | Acción Española (pt) |
Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar, marqués de Salinas, finado en Hornachuelos (Córdoba) o 21 de xullo de 1983[1], foi un militar e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlista. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi Xefe da Delegación de Prensa da Xunta Nacional Carlista de Guerra e despois nomeado Xefe provincial de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Guipúscoa. En febreiro de 1938 foi nomeado Gobernador civil da Coruña[2]. En marzo foi nomeado membro da Junta Política de FET y de las JONS[3]. Xunto con Pedro Barrié de la Maza, promoveu a adquisición mediante subscrición popular do Pazo de Meirás o 5 de decembro de 1938 para regalarllo a Francisco Franco. Permaneceu como gobernador até novembro de 1939. Nos anos corenta foi o primeiro Xefe da Casa Civil de Francisco Franco. Foi condecorado coa Gran Cruz do Mérito Naval en 1939.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Magdalena Muguiro Frígola en 1924.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ El Pueblo Gallego 19-2-1938, p. 7.
- ↑ Diario de Pontevedra, 9-3-1938, p. 3.