Juan de San Millán
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Antigvedad_de_la_civdad%2C_y_iglesia_cathedral_de_tvy%2C_y_de_los_obispos_qve_se_save_aya_auido_en_ella.pdf/page16-300px-Antigvedad_de_la_civdad%2C_y_iglesia_cathedral_de_tvy%2C_y_de_los_obispos_qve_se_save_aya_auido_en_ella.pdf.jpg)
Juan de San Millán, nado en 1492 no lugar de Barrionuevo del Valle, concello de San Millán de la Cogolla, na Rioxa. Empezou os estudos maiores no colexio de Sigüenza e rematounos no Colexio Maior de San Bartolomé, da Universidade de Salamanca.
Foi bispo da diocese de Tui de 1547 a 1564, tempo no que participou no Concilio de Trento, persoalmente nunha das primeiras sesións e por procurador na sesión final. Foi despois bispo de León, morreu o 11 de abril de 1578, está enterrado na capela maior do Colexio dos Xesuítas de León.
Véxase tamén
Bibliografía
- Avila y La Cueva, Francisco (edición facsimilar 1995). Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado. Tomo IV (Os Bispos de Tui). Santiago: Consello da Cultura Galega. p. 416. ISBN 84-87172-02-4.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Miguel Muñoz |
Bispo de Tui-Vigo 1547 - 1564 |
Sucesor: Diego de Torquemada |