Juan Vidal Fraga
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 Cambados, España |
Morte | 2009 (73/74 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Juan Eugenio Vidal Fraga |
Juan Vidal Fraga, nado en Cambados en 1935 e finado en Pontevedra en 2009,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Eugenio Vidal Fraga. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como avogado en Pontevedra. Reimpulsou o Ateneo de Pontevedra, do que foi presidente. Foi candidato nas eleccións de 1977 pola Coalición Partido Popular Gallego-Partido Gallego Social Demócrata. Impulsou o partido Os verdes en Pontevedra polo que se presentou encabezando a candidatura pontevedresa ás eleccións municipais de 2003. Colaborou en Diario de Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Ateneo rinde homenaje póstumo a Juan Vidal Fraga", La Voz de Galicia, Pontevedra, 2-12-2009, p. l2.