Juan Vázquez Loureda
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 Mugardos, España |
Morte | 15 de decembro de 2014 (91/92 anos) Mugardos, España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Juan Vázquez Loureda, "Anido", nado en Mugardos en 1922 e finado en Mugardos o 15 de decembro de 2014,[1] foi un enlace da guerrilla antifranquista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nos anos corenta foi enlace da guerrilla antifranquista, proporcionáballes comida e apoio loxístico aos guerrilleiros.[2] Foi detido en 1950 por aloxar a Francisco Martínez Leira e outro guerrilleiro na súa casa, onde construíron un refuxio na corte. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 18 de marzo de 1952 con outros 42 enlaces da guerrilla,[3] foi condenado a quince anos. Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao Concello de Mugardos polo Partido Comunista de España.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Filgueiras Vázquez e foi pai de Juan e Dolores Vázquez Filgueiras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ferrol, 16-12-2014, p. 50.
- ↑ Faleceu Juan Vázquez Loureda "Anido"
- ↑ "Cuarenta y tres paisanos acusados de ayuda a los bandoleros", La Voz de Galicia, 19-3-1952, p. 5.
- ↑ La Voz de Galicia, 2-7-1981, p. 36.