Juan Manuel Somoza del Río
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Río, España |
Morte | abril de 1895 Río, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Juan Manuel Somoza del Río, nado en Río (Láncara) e finado na mesma parroquia en abril de 1895, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Somoza da Casa Loureiro de San Martiño de Río, que dende 1836 foi arrendatario das rendas monásticas do Estado despois da desamortización. A súa familia dominaba as terras da comarca de Sarria. Avogado. Foi deputado pola provincia de Lugo en 1843 e polo distrito de Sarria (1848-1849, 1851-1852, 1853 e 1857-1858). Foi nomeado deputado provincial polo distrito do Courel en marzo de 1875,[1] e elixido vicepresidente da Deputación de Lugo, aínda que renunciou por razóns de saúde en novembro.[2] Finou en San Martiño de Río en abril de 1895.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Somoza del Río, Xoán Manuel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia : Real Academia Galega. p. 651. ISBN 84-87987-27-3.