Juan Manuel Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Manuel Rodríguez Fernández
AlcumeChato, Barrolo e Marrolo
Nacemento1912
Lugar de nacementoCabral
Falecemento8 de abril de 1942
Lugar de falecementoTui
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónchofer, mecánico de automóbiles e membro da resistencia
editar datos en Wikidata ]
Non confundir con: Manuel Rodríguez Fernández

Juan Manuel Rodríguez Fernández,[1] coñecido como Chato ou Marrolo ou Barrolo, nado en Cabral (Vigo) en 1912 e finado en Tui o 8 de abril de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chofer e mecánico. Dende 1939 integóuse nun grupo guerrilleiro que actuaba na bisbarra de Vigo con Enrique Cameselle García, Jesús Lago González, Luciano Janeiro Valente, José Almeida Otero e Antonio Rodríguez Posada. Todos foron detidos e fusilados en Puxeiros o 24 de outubro de 1940,[2] excepto Juan Manuel, que no momento de iniciarse a execución logrou fuxir, pois era o último do pelotón, non estaba atado e puido escapar correndo. O Xulgado Militar emitiu inmediatamente unha requisitoria que apareceu nos periódicos de Vigo o día 26.[3][4] Fuxido en Portugal, onde estivo traballando durante un tempo, foi detido pola policía e devolto a España o 9 de marzo de 1942.[5] Foi fusilado en Tui o 8 de abril de 1942 e soterrado no cemiterio de Puxeiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunha fontes aparece como Manuel Rodríguez Fernández
  2. El Pueblo Gallego, 25-10-1940, p. 2.
  3. Faro de Vigo, 26-10-1940, p. .
  4. El Pueblo Gallego, 26-10-1940, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 14-4-1942, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 118. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]