Juan Magdalena García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Magdalena García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoPontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Lérez, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Juan Magdalena García, nado en Pontevedra e finado en Lérez o 10 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Cerponzóns, liderou o movemento agrario da parroquia e foi presidente da sociedade de agricultores. Foi contador da Federación Agraria Municipal de Pontevedra (1922) e xunto con Valentín Rey, viaxou a Madrid representando á federación agraria no concurso nacional de agricultura de 1926. Elixido presidente da Federación Agraria Comarcal de Pontevedra en 1931, actuou como vicepresidente da mesa no Congreso de Lavadores de maio de 1932 no que se aprobaron os estatutos da federación agraria provincial. Foi membro da comisión inspectora de contas da cooperativa de consumo Nueva Economía da Caixa Rural de Lérez. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ao decatarse de que era buscado polas autoridades golpistas, presentouse no cuartel da Garda Civil o 7 de agosto. Foi detido e ingresou no cárcere a disposición do xuíz instrutor. Foi paseado e apareceu morto e salvaxemente torturado no lugar da Gándara o 10 de setembro. A súa familia foi perseguida: os seus irmáns Severino e Ángel Magdalena García, a irmá Mercedes e o seu cuñado Constante Estévez cos seus fillos, exiliáronse na Arxentina, outra irmá, Josefina, taberneira, soportou o acoso e as requisas de gardas cívicos e falanxistas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Castro Ruibal.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]