Juan Luis Pía Martínez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1928 Ferrol, España |
Morte | 24 de decembro de 1988 (60 anos) Ortigueira, España |
Conselleiro da Xunta de Galicia | |
1983 – 1983 ← Xosé Luís Barreiro Rivas – Juan Miguel Diz Guedes → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
1981 – 1985 | |
Alcalde de Ortigueira | |
xaneiro de 1976 – 1979 ← José María Barro Soto – José Antonio Franco Cerdeira → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Juan Luis Pía Martínez, nado en Ferrol o 27 de setembro de 1928 e finado en Ortigueira o 24 de decembro de 1988[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro de Ortigueira dende 1964, foi nomeado alcalde en xaneiro de 1976[2] e continuou como alcalde ata as primeiras eleccións democráticas. Ingresou en Alianza Popular en 1980. Foi deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985), director xeral de Administración Local (1982-1983), conselleiro de Xustiza e Interior (1983), director xeral de Xustiza e Gobernación (1983-1986) e director xeral de Xustiza (1986).
Predecesor: José María Barro Soto |
Alcalde de Ortigueira 1976 - 1979 |
Sucesor: José Antonio Franco Cerdeira |
Predecesor: Xosé Luís Barreiro Rivas |
Conselleiro de Xustiza e Interior 1983 - 1983 |
Sucesor: Juan Miguel Diz Guedes |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Emilia Iglesias Otero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-12-1988, p. 49.
- ↑ La Voz de Galicia, 27-7-1976, p. 30