Juan Bautista Garra Olañeta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1831 Santiago de Compostela, España |
Morte | 19 de xuño de 1905 (73 anos) Ponteareas, España |
Actividade | |
Ocupación | industrial |
Familia | |
Fillos | Amado Garra, Emilio Garra Castellanzuelo |
Juan Bautista Garra Olañeta, nado en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1831 e finado en Ponteareas o 19 de xuño de 1905, foi un industrial e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Garra Arriaga, curtidor francés, e María Antonia Olañeta Bascarán, vasca, naceu en Santiago de Compostela. Instalouse en Ponteareas, onde fundou as fábricas de curtidos La Perillana e La Castiñeira en 1872. Apoiou a José Ramón Bugallal. En 1902 cedeu ao seu fillo Rafael Garra Castellanzuelo a ferretería La Perillana.[1] Finou en Ponteareas aos 74 anos.[2] A familia continuou cos negocios coa denominación Viuda e Hijos de Garra.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Francisca Castellanzuelo Alfaya, que finou en 1922,[4] e foi pai de Amado, Emilio e Camila Garra Castellanzuelo, que casou con Wenceslao González Jimeno; foi avó de Wenceslao González Garra.