Saltar ao contido

Juan Asensio Barrios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Asensio Barrios
Biografía
Nacementoséculo XVII Editar o valor en Wikidata
Morte22 de abril de 1692 Editar o valor en Wikidata
Bispo de Xaén
20 de abril de 1682 –
← Antonio Fernández del Campo Angulo y Velasco (en) TraducirAntonio de Brizuela y Salamanca (en) Traducir →
Bispo de Ávila
26 de xuño de 1673 –
← Francisco de Rojas-Borja y Artés (en) TraducirDiego Ventura Fernández de Angulo (en) Traducir →
Bispo de Lugo
9 de setembro de 1669 –
← Matías Moratinos Santos (en) TraducirJuan Aparicio Navarro (en) Traducir →
President of the Council of Castile (en) Traducir
Master General of Order of Our Lady of Mercy (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1670–), sacerdote católico (1643–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónFederico Borromeo (1617-1673) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5471619

Frei Juan Asensio Barrios, nado en Xibraltar (entón parte do Reino de Sevilla) c. 1619 e finado en Xaén o 22 de abril de 1692, foi un relixioso español, frade mercedario e xeneral da súa Orde, presidente do Consello de Castela, e bispo de Lugo, de Ávila e de Xaén.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu arredor de 1619 en Xibraltar, entón parte do Reino de Sevilla (Coroa de Castela). Ingresou na Orde da Mercé e en 1643 foi ordenado sacerdote. En 1658 foi elixido xeneral da súa orde, cargo que mantivo até a súa renuncia en 1664.

O 9 de setembro de 1669 foi nomeado bispo de Lugo. Recibiu a consagración episcopal o 25 de maio de 1670 de mans do patriarca titular de Alexandría Federico Borromeo.

O 26 de xuño de 1673 foi nomeado bispo de Ávila; permaneceu nesta diocese até o seu nomeamento como bispo de Xaén o 20 de abril de 1682. Finou no cargo logo de dez anos, o 22 de abril de 1692.