Saltar ao contido

Juan Antonio Tomé Paule

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de febreiro de 2017 ás 13:37 por Unhanova (conversa | contribucións)

Juan Antonio Tomé Paule, nado en Pozuelo de Zarzón en 1933, é un escritor estremeño.

Traxectoria

Trabalou como mestre de escola en Gata por dous anos e máis de corenta en Hoyos. Tamén foi correspondente do xornal estremeño HOY dende o ano 1954. Hoxe está xubilado e vive na vila de Hoyos.

Obra

A Juan Antonio gustoulle dende sempre escribir, feito que cultivou tanto en castelán como en estremeño. Ademais colaborou en distintas publicacións, salientando o seu labor para o xornal HOY. Conseguiu premios e galardóns en certames poéticos en diferentes lugares da xeografía estremeña. O seu poema Un mundo cambiáu, quizais o máis famoso, gañou o accesit da sétima edición do concurso poético "Ruta de la Plata" na categoría de fala popular.

Véxase tamén

Bibliografia

  • Martínez Terrón, L., Primera Antología de Poesía Extremeña, Caçris, ei. autor, 2005.