Saltar ao contido

José Díaz Lobelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Díaz Lobelos
Biografía
Nacemento19 de maio de 1911 Editar o valor en Wikidata
Fisterra, España Editar o valor en Wikidata
Morte2002 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político, mecánico naval Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJuan Díaz Lobelos Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 5544

José Díaz Lobelos, coñecido como José de Xan de Siso, nado en Fisterra o 19 de maio de 1911, e finado na Arxentina en 2002, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mecánico naval, navegou na mariña mercante como primeiro maquinista. Membro do Sindicato de Oficios Varios da UGT, en 1936 foi nomeado concelleiro de Fisterra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso en Corcubión. Foi multado con 250 ptas en agosto de 1936. Fuxiu co seu irmán Juan no pesqueiro Cabo Finisterre o 18 de decembro de 1936 logrando chegar a Asturias, desembarcando en San Esteban de Pravia. Alí combateu no exército leal. Foi xulgado en Ferrol e declarado en rebeldía. Exiliouse en Francia. Por medio da Cruz Vermella Internacional puido trasladarse coa súa familia á Arxentina como refuxiado en 1950. Un ano despois reclamou o seu irmán Juan.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]