Juan Díaz Lobelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Díaz Lobelos
Lugar de nacementoFisterra
Falecemento1997
Lugar de falecementoPorto Rico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
IrmánsJosé Díaz Lobelos
editar datos en Wikidata ]

Juan Díaz Lobelos, coñecido como Juan de Xan de Siso, nado en Fisterra e finado en Porto Rico en 1997, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou con 17 anos aos Estados Unidos de América, onde traballou de chófer, albanel, mineiro, fogueiro e mariñeiro. En 1932 foi detido e procesado por motivos político-sindicais, e regresou a Galicia. Instalouse na Coruña, traballou como mariñeiro e foi membro da Sociedade de Oficios Varios da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e torturado, conseguindo fugarse. Regresou a Fisterra buscando protección na familia. Fuxiu co seu irmán José no pesqueiro Cabo Finisterre o 18 de decembro de 1936 logrando chegar a Asturias, desembarcando en San Esteban de Pravia. Combateu no exército leal. Foi xulgado en Ferrol e declarado en rebeldía. Logrou exiliarse en Francia. Residiu en Alxer até 1951, cando o seu irmán José o reclamou e puido marchar a Arxentina. Embarcou na mariña mercante arxentina e abandonou o buque en Nova York onde quedou a vivir. En Nova York casou cunha portorriqueña, e ao xubilarse trasládaronse a Porto Rico, onde morreu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]