José Arias Digón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1899 Noudelo, España |
Morte | 19 de xuño de 1962 (62 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Arias Digón, nado en Noudelo (Donís, Cervantes) o 12 de decembro de 1899 e finado en Cidade de México o 19 de xuño de 1962, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ricardo Arias Fernández e irmán de Eduardo Arias Digón, foi ferroviario e albanel. Membro da Confederación Nacional do Traballo (CNT), tivo varios cargos sindicais antes e durante a guerra civil. Ao rematar a guerra exiliouse en México arrivando a Veracruz no vapor Mexique o 7 de xullo de 1939. Foi beneficiario da axuda económica do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE). En México deixou de utilizar o alias de José López Alonso e pasou a usar o seu nome. Asentouse en Santa Clara (Chihuahua). Morreu de cancro no Sanatorio español de Cidade de México en 1962.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Virginia Pérez Rodríguez, coa que tivo dúas fillas, María e Josefina, e coa que chegou ao exilio. Tivo despois outros dous fillos que faleceron moi pequenos, Manuel e Libertad.