Saltar ao contido

Joseph Cinqué

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSengbe Pieh

Retrato por Nathaniel Jocelyn, 1840
Biografía
Nacemento1814
Serra Leoa
Morte1879
Serra Leoa
Lugar de sepulturaColonia e Protectorado de Serra Leoa Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicopobo mende
RelixiónIgrexa Episcopal dos Estados Unidos
Actividade
OcupaciónSlave rebellion leader (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de xuño de 1839La Amistad slave revolt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de xuño de 1839-26 de agosto de 1839La Amistad slave revolt (en) Traducir
Estados Unidos vs. La Amistad (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata

Sengbe Pieh (tamén coñecido como Joseph Cinqué) nado en 1814 e finado en 1879 foi un home de África Occidental do pobo mende e un dos principais implicados no caso La Amistad, no que el e outras 51 persoas foron vítimas do comercio ilegal de escravos.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Cinqué naceu no ano 1814 onde agora é Serra Leoa, mais a data exacta do seu nacemento é descoñecida. El era un agricultor de arroz, casado, con tres fillos, cando foi capturado ilegalmente polos traficantes de escravos africanos en 1839 e aprisionado no navío negreiro portugués Tecora. Isto era unha violación dos tratados internacionais que prohibían o comercio de escravos. Cinqué foi levado a Cuba, onde foi vendido con outras 51 persoas ós españois José Ruiz e Pedro Montez.

Os españois transportaron ós presos a bordo dun navío chamado La Amistad, coa intención de vendelos como escravos en Cuba para traballar en plantacións de azucre. O 30 de xuño, Cinqué comezou unha revolta, matando ó capitán e ó cociñeiro do navío; dous escravos tamén morreron, e dous mariñeiros escaparon. Os africanos fixeron prisioneiros a Ruiz e Montez, os dous comerciantes que fixeran a compra, e esixiron que levasen o barco de volta a Serra Leoa.

Pero foron enganados por Ruiz e Montes, que levaron o barco ata as costas dos Estados Unidos. Chegaron a Long Island, Nova York e membros do USS Washington abordárono. Cando descubriron o que acontecera (de acordo coa versión dos españois), acusaron ós africanos de amotinamento e asasinato, e leváranos a New Haven, Connecticut para xulgalos.

Os dous españois afirmaban que os africanos xa eran escravos en Cuba cando foron adquiridos e polo tanto de propiedade legal. Por outra banda os defensores dos escravos lograron atopar tradutores de mende a inglés, o que permitiu ós africanos contar a súa historia ós avogados e á corte. Cinqué foi o representante informal do grupo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]