José Rivero de Aguilar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1864 Santiago de Compostela, España |
Morte | 30 de marzo de 1929 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político, emprendedor, xurista |
Familia | |
Fillos | Ramón Rivero de Aguilar, José María Rivero de Aguilar |
José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña, nado en Santiago de Compostela o 28 de xullo de 1864 e finado na mesma cidade o 30 de marzo de 1929, foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende 1897 foi profesor na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e en 1911 foi nomeado catedrático de Historia do Dereito. Participou na Sociedad de Gas y Electricidad de Santiago e na Sociedad de Seguros Mutuos contra Incendios e foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1920-1926). Tamén exerceu a presidencia da Cámara Agrícola y Pecuaria. Militante do Partido Liberal na facción gasetista, foi deputado provincial e concelleiro en Santiago de Compostela.
Obras
[editar | editar a fonte]- Programa de Instituciones de Derecho Romano, 1893.
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Casou con Ramona Otero Bárcena (irmá de Joaquín Otero Bárcena) e foi pai de José María e Ramón Rivero de Aguilar Otero.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Biografía no Diccionario de catedráticos españoles de Derecho Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O fiscal que acusou a Bóveda e tantas outras historias da familia Rivero de Aguilar Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine.