José Rivero de Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña, nado en Santiago de Compostela o 28 de xullo de 1864 e finado na mesma cidade o 30 de marzo de 1929, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende 1897 foi profesor na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e en 1911 foi nomeado catedrático de Historia do Dereito. Participou na Sociedad de Gas y Electricidad de Santiago e na Sociedad de Seguros Mutuos contra Incendios e foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1920-1926). Tamén exerceu a presidencia da Cámara Agrícola y Pecuaria. Militante do Partido Liberal na facción gasetista, foi deputado provincial e concelleiro en Santiago de Compostela.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Programa de Instituciones de Derecho Romano, 1893.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Casou con Ramona Otero Bárcena (irmá de Joaquín Otero Bárcena) e foi pai de José María e Ramón Rivero de Aguilar Otero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]