José Ramón Varela-Portas y Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Ramón Varela Portas")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Ramón Varela-Portas y Pardo
Nome completoJosé Ramón Varela-Portas y Pardo
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

José Ramón Varela-Portas y Pardo, nado en Lugo en 1928, é un empresario, enxeñeiro técnico agrícola e sindicalista galego,[1] moi vinculado á vida deportiva e social lucense. Foi o fundador, xunto co seu irmán Juan, do Club Baloncesto Breogán e primeiro presidente do club.[2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Lugo, José Ramón formouse como enxeñeiro técnico agrícola. Nos anos 1960, xunto cos seus irmáns foi un dos empresarios máis destacados da cidade de Lugo. En 1966 funda o Club Baloncesto Breogán, sendo o seu primeiro presidente, cargo que ocupa de 1966 até 1972. No final da súa vida laboral estivo moi vinculado ao sindicalismo, ocupando cargos importantes na Unión Xeral de Traballadores (UXT). En 2011, a Xunta de Galicia concedeulle a Distinción ao Mérito deportivo de Galicia.[3] Ao comezo da temporada baloncestística 2016−17 recibe a homenaxe por parte do Breogán polo cincuenta aniversario do club.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]