Saltar ao contido

José Piñeiro Fontenla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Piñeiro Fontenla
Biografía
Nacemento16 de maio de 1879 Editar o valor en Wikidata
San Xurxo de Sacos, España Editar o valor en Wikidata
Morte1967 Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Mar del Plata, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

José Piñeiro Fontenla, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) o 16 de maio de 1879 e finado en Mar del Plata en 1967, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Gustavo Piñeiro, enxeñeiro, e María Fontenla. Cara a 1893 embarcou como polisón a Buenos Aires na busca do seu pai. Ao chegar a Montevideo da morte do seu pai. Autodidacta, traballou como mozo de bar, condutor de tranvías, acomodador de cines, e participou no proxecto da estación Villa Urquiza. Acabou sendo propietario dunha empresa de mudanzas. Colaborou en Caras y Caretas, PBT e Fray Mocho. Foi un dos fundadores de El Despertar Gallego e subdirector do xornal La Capital de Mar del Plata.

Foi o creador da popular cuarteta arxentina: “En el cielo las estrellas, en el campo las espinas y en el medio de mi pecho… ¡la República Argentina!”.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]