José Miguel Redín
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de maio de 1969 Pamplona, España |
| Residencia | Larraga |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, compositor |
| Período de actividade | 1994 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Ska, punk rock e heavy metal |
| Instrumento | Guitarra eléctrica |
| Selo discográfico | RCA Records Sony BMG AZ Records Maldito Records |
José Miguel Redín, máis coñecido como Joxemi, nado en Pamplona o 25 de maio de 1969, é un músico español. É o guitarrista dos grupos Ska-P e No-Relax.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nado en Pamplona, aínda que criado en Larraga, Joxemi comeza a súa afección pola música cando tiña 12 anos, momento no que chegou ás súas mans un disco de The Beatles. Logo comezou a escoitar grupos como The Ramones, Sex Pistols, The Clash, Dead Kennedys, e posteriormente comezoulle a gustar a música punk.
Máis adiante coñece aos integrantes de Ska-P e leva ao local de ensaio varios temas para tocar. Aquilo a el gustáballe moito, a música para o era o máximo, e en 1994 sacan o seu primeiro disco, Ska-P, onde comezan a tocar cancións con temas que caracterizarían ao grupo polos demais anos. As letras das súas cancións tratan xeralmente de problemas sociais, como a desigualdade, a antiglobalización, o racismo etcétera. Ademais, deixan unha mensaxe en favor da liberdade, non exento de polémica.
Durante o parón indefinido do grupo (2005-2007), adícase en exclusiva a traballar con No-Relax, grupo que fundara en 2003 xunto con Micky, ex-cantante do grupo italiano B.d.P.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Virus de Rebelión
[editar | editar a fonte]| * | Skalerriapunk | (1986) |
Con Ska-P
[editar | editar a fonte]| * | El vals del obrero | (1996) | |
| * | Eurosis | (1998) | |
| * | Planeta Eskoria | (2000) | |
| * | ¡¡Que corra la voz!! | (2002) | |
| * | Incontrolable | (2003) | En directo |
| * | Lágrimas y gozos | (2008) |
Con No-Relax
[editar | editar a fonte]| * | Gridalo! | (2004) |